Leite

Prezo récord de 3.650 euros na Poxa de Gando Frisón de Mazaricos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
03/12/2017 9:22 p.m.

O recinto multiusos da Picota, en Mazaricos, encheuse este domingo para presenciar a poxa de 26 animais de raza Frisona, unha subasta que chega á súa edición número once e que está organizada polo Concello de Mazaricos, Africor Coruña e Gandeiros de Mazaricos.

Finalmente vendéronse 25 dos 26 animais presentados, todos procedentes de ganderías da provincia da Coruña, cun prezo medio de 2.388 euros.

O prezo máis alto foi para Campa Beemer Megabimba, nada en agosto de 2015 e presentada por SAT A Campa de Curtis, que foi adquirida tras unha animada poxa por Dolores García, de Frades, por 3.650 euros. O seu prezo de saída eran 2.300 euros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os resultados da XI Poxa de Gando Frisón de Mazaricos foron os seguintes:

José Moreira (Africor Coruña): “Xa non é preciso ir fóra de Galicia para adquirir animais de calidade”

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O director técnico de Africor Coruña, José Moreira, condutor da poxa, esforzouse en subliñar o nivel de perfección que acadaron as vacas nas granxas galegas. “Xa non é preciso ir fóra para ter animais de alta calidade: non hai que ir a Alemaña nin a Suíza, están na granxa do teu veciño”, explicou.

Ao fío disto engadiu que “fomentar o mercado a nivel Galicia tamén é un xeito de favorecer o sector”. Por outra banda, Moreira afirmou sentirse “especialmente orgulloso dos animais deste ano pois son todos sobresaíntes”.

Ao final da poxa, que durou arredor de tres horas e media, levouse a cabo un gran sorteo en lotes e produtos por valor de 2000€.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A poxa congregou a numerosos público. 

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada