Carne

Prezo medio de case 2.600 € por animal na poxa de ACRUGA en Seoane do Courel

Loading ad.
Ad could not be loaded.
07/05/2023 5:12 p.m.

A poxa celebrada esta mañá pola Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega en Seoane do Courel finalizou coa venda do catro xovencas preñadas cun prezo medio de case 2.600 euros.

Os catro exemplares poxados hoxe, procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro da Deputación de Lugo, adxudicáronse a gandeiros con explotacións na Fonsagrada, Ribadeo, Sarria e Samos. En total 16 posibles compradores retiraron os seus cartóns para poder poxar por algunha destas xovencas, todas elas preñadas e con 23 e 24 meses de idade.

As próximas poxas de ACRUGA serán o sábado 13 de maio, esta vez en Cervantes e o 20 de maio no mercado gandeiro de Fonsagrada.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada