Carne

Prezo medio de 2758 euros na poxa de Pedrafita, cun máximo de 3150 euros

Loading ad.
Ad could not be loaded.
05/04/2024 5:43 p.m.

Esta mañá celebrouse no recinto feiral de Pedrafita do Cebreiro a poxa de 6 xovencas preñadas de Raza Rubia  Galega, organizada por Acruga. Todos os animais foron adxudicados por riba dos prezos de saída -2200 euros, cunha axuda de 200 euros de Caixa Rural Galega-, o que permitiu pechar a poxa cun prezo medio de 2.758 euros.

A xovenca que logrou o prezo máis alto nesta poxa adxudicouse por 3.150 euros e irá parar a unha explotación de Castroverde. O resto de exemplares viaxarán até as granxas de criadores de Samos, Becerreá, As Nogais e dous no municipio do Corgo.

O bo tempo animou á afluencia de xente até o recinto feiral dun concello que leva anos celebrando poxas en colaboración con Acruga e coa Deputación de Lugo, un gando que forma parte do rabaño de elite da Granxa Gayoso Castro, centro do ente provincial.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Pasadas as doce da mañá comezou a poxa deste seis exemplares, novelas preñadas de entre 24 e 27 meses de idade, todas elas preñadas e con moi boas valoracións no que respecta á súa xeneaoloxía, produción e capacidade reprodutiva. A asistencia de compradores foi alta, como adoita pasar neste concello de Pedrafita, tanto na súa cita de abril como na poxa de setembro, o que supuxo un total de 28 cartóns de posibles compradores.

O prezo medio alcanzado, eses 2.758 euros, supera ao da anterior poxa, a primeira do ano, que tivo lugar en Becerreá e que se pechou cunha cotización media de 2.635 euros e que supón un lixeiro aínda que importante incremento do prezo medio, que se espera se manteña ao longo do ano.

Unha vez rematada esta cita, a Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega comezará xa a preparar a seguinte poxa, que terá lugar na Fonsagrada, o próximo día 27 deste mes, á que lle seguirán varias poxas para un mes de maio moi completo, no que por agora están confirmadas poxas na Pobra de San Xillao, en Láncara, o día 1 de maio, no marco da festa da Tenreira Galega; o 4 de maio, en Seoane do Courel; o 11, no municipio de Cervantes; e o 28 na parroquia ribadense de Arante.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada