Leite

Prezo medio de 2326 euros por animal na poxa de gando frisón celebrada en Friol

Loading ad.
Ad could not be loaded.
21/10/2023 5:33 p.m.

Este sábado pola mañá celebrouse no mercado gandeiro de Friol a segunda poxa de gando frisón, organizada por Africor Lugo en colaboración co concello de Friol.

Finalmente sairon a venda 17 animais e acadouse un prezo medio de 2326 euros por exemplar, sensiblemente inferior a anteriores poxas celebradas este ano na provincia de Lugo (a media en Chantada no mes de marzo foi de 2817 euros por animal), sen dúbida debido á baixada dos prezos do leite nos úlitmos meses.

O prezo máximo foron 3050 euros e o total das vendas ascendeu a 39.550 euros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada