Carne

Prezo medio de 2050 euros na primeira poxa de xovencas de Acruga do 2022

Loading ad.
Ad could not be loaded.
06/02/2022 12:00 p.m.

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga) abriu este sábado pola mañá o que podería denominarse a súa tempada de poxas no Valadouro (Lugo) recuperando ademais unha poxa que se deixou de celebrar durante os últimos dous anos.

No que supón o inicio das poxas do ano para esta asociación, presentáronse catro xovencas preñadas, procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo, que foron adquiridas por un gandeiro de Castroverde.

O catro xatas adxudicáronse por un prezo medio de 2.050, e a primeira foi a que alcanzou os 2.350 euros, é dicir a maior cotización da poxa. As outras tres adxudicáronse polo prezo de saída, que este ano se sitúa nos 1.950 euros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ademais do comprador de Castroverde tamén sacaron cartón gandeiros con explotacións en Friol, Cervantes e Vilalba.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada