Carne

Prezo medio de 2.400 euros nas xovencas da poxa de Acruga en Pedrafita

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 15/09/2019 8:27 p.m.

O mercado gandeiro de Pedrafita do Cebreiro acadou hoxe elevadas cotizacións na poxa de sete xovencas preñadas da Asociación de Criadores de Rubia Galega (Acruga). A media foi de 2.400 euros, moi por riba do prezo de saída (1.800 euros), con dous animais que acadaron os 2.700 e 2.900 euros, ambos mercados pola mesma gandería de Pedrafita do Cebreiro.

Preto de 20 explotacións retiraron tarxetas para participar na subasta, que contou tamén con moita expectación de público. A primeira das poxas resolveuse a favor dun gandeiro de Triacastela por 2.250 euros. A segunda, para A Fonsagrada, acadou 2.200 euros, en tanto que a terceira levouna un criador de O Corgo por 2.150 euros.

Coa cuarta e quinta xovenca chegaron os momentos máis animados da subasta, pois estes exemplares acadaron respectivamente os 2.700 e os 2.900 euros, pagados pola mesma gandería de Pedrafita. Os últimos dous exemplares a subasta vendéronse a 2.050 euros, para Ribadeo, e 2.550 euros, para unha granxa de Pedrafita. Tódolos compradores contaron cunha axuda de 200 euros por animal, concedida por Caixa Rural Galega.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[caption id="attachment_98468" align="aligncenter" width="660"] Un momento da poxa.[/caption]

As sete xovencas que participaron na poxa procedían da Granxa Gayoso Castro, todas elas cunha xenética familiar de nomes coñecidos entre os gandeiros lucenses, como Marelo, Perico, Manteigo ou Platero.

A poxa contou coa presenza, entre outras autoridades, do alcalde de Pedrafita, José Luis Raposo; do presidente de Acruga, César Dorado, do responsable da Granxa Gayoso Castro na Deputación de Lugo, Roberto Fernández, e do seu antecesor no cargo, o alcalde de Pol, Lino Rodríguez.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada