Leite

Prezo medio de 2.134 euros na poxa de gando de Chantada

Loading ad.
Ad could not be loaded.
07/03/2020 8:35 p.m.

Este sábado celebrouse a Poxa de Gando Frisón de Chantada, organizada por Africor Lugo, o concello de Chantada e a cooperativa AIRA. Vendéronse dezanove dos vinte presentados, onde as vacas paridas de recén foron maioría fronte as xovencas próximas ao parto.

O prezo medio foi de 2.134€, un nivel de prezo que non se vía dende o ano 2017. O volumen total de vendas acadou os 40.550€.

A vaca que obtivo o record de prezo foi a presentada pola gandería Carballo de Baixo, de Sarria, unha filla de Torrel de segundo parto, parida de novembro, cualificada MB85, que chegou aos 3.450€.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En xovencas próximas ao parto, a de maior prezo acadado, 2.200€, foi unha filla de Arion, presentada pola gandería Marey Castro, de Pol, preñada de xullo.

Nos dous casos os animais que acadaron os prezos máis altos son animais de alto valor xenético; é dicir, entre o dez por cento das mellores vacas a nivel estatal por índices xenéticos.

Con esta poxa iníciase o calendario de 2020, que continúa coa poxa de Moexmu o 4 de abril e segue coa poxa de Sarria do 9 de maio.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada