Leite

Prezo medio de 2.027 euros na poxa de gando frisón de Moexmu

Loading ad.
Ad could not be loaded.
08/04/2017 10:06 p.m.

Dentro dos actos organizados en Moexmu, celebrouse este sábado en Muimenta (Cospeito-Lugo) unha nova poxa de gando frisón, organizada por Africor Lugo, onde se presentaron dezasete animais dos que se venderon quince.

Segundo informa Africor Lugo, o prezo medio foi de 2.027€, cun rango de prezos dos 1.650€ aos 2.750€. Os animais foron para distintos puntos da provincia de Lugo e Pontevedra. O único macho presentado, foi vendido en 1.900€, un fillo de Rei Judi Doorman, vaca que foi elexida Vaca Nova Campiona do Concurso. A primeriza que acadou o prezo máis alto foi a presentada pola gandería Caseiro de Ernes, de Cospeito, unha filla de Atwood, con nai Windbrook, BB83.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada