Leite

Prevén unha crise no sector lácteo, cun prezo medio de 28 céntimos para os próximos meses

Así o avanzou este luns Torsten Hemme, fundador e director do centro de investigación internacional IFCN, durante a Alltech ONE Virtual Experience que se celebra ao longo desta semana

Loading ad.
Ad could not be loaded.
D.G. 19/05/2020 1:40 p.m.

A crise mundial provocada polo coronavirus #Covid 19 provocará este ano unha crise de prezos no sector lácteo, que será tan longa como o sector tarde en reaccionar, fundamentalmente pola vía de controlar ou reducir a produción. Esta é unha das conclusións presentadas este luns por Torsten Hemme, fundador e director do centro de investigación internacional sobre mercados lácteos IFCN, durante a Alltech ONE Virtual Experience que se celebra ao longo desta semana.

O desplome do PIB mundial -estimado nun 3%, o dobre que na crise do 2009-, a caída do prezo do petróleo e do prezo dos alimentos forman o cóctel perfecto para un descenso da demanda mundial de lácteos e tamén dos prezos.

“Os mercados de futuros dos produtos lácteos prevén para os próximos meses unha caída do prezo do leite -estandarizado ao 4% de graxa e ao 3,3% de proteína- nos principais mercados, chegando a un prezo medio de 0,278 euros o quilo na Unión Europea, 0,271 en Estados Unidos e 0,307 euros o quilo de leite en Nova Zelandia”, avanza Hemme.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Canto durará esta crise de prezos? Depende da reacción do sector, fundamentalmente da regulación da produción para incidir na demanda.

“Neste momento o mercado prevé unha reacción en forma de V: o sector reacciona rápido pola vía de reducir a oferta para responder o descenso da demanda, de forma que para finais de 2020 os prezos empezarían a recuperarse”, asegura.

“Pero tamén existe a posibilidade -advirte- de que a recuperación sexa en forma de U: no caso de que se manteña a produción, medrando a un ritmo forte en 2020, o impacto da crise de prezos será maior e máis duradeiro”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As previsións do IFCN decántanse máis por este este segundo escenario: “É moi probable que se produza unha montaña rusa nos prezos do leite durante os próximos 3 anos. Iso significa un escenario en forma de U, con prezos baixos durante máis meses, para pasar a unha recuperación en 2021 e prezos máis altos en 2022”.

A caida de prezos do leite, segundo afirma Torsten Hemme, afectará a todos os países: “Os prezos do leite a nivel rexional veranse impactados pola evolución dos prezos a nivel internacional, cun retardo que pode oscilar entre os 1 e 4 meses”. “De momento, na maioría dos países aínda non estamos nunha crise de prezos do leite, pero todos os indicadores sinalan que nos diriximos cara ela”, subliña.

Estratexias para afrontar a crise de prezos do leite

Que poden facer os gobernos para paliar esta crise que se aveciña no sector? Segundo o responsable do IFCN as alternativas son ou ben non intervir e deixar que o mercado decida libremente, ata que se equilibre oferta e demanda, ou intervir. Neste segundo caso, lembra que as medidas son coñecidas doutras crises de prezos no sector lácteo:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-Almacenar stocks de leite en po, queixo, manteiga....a través de axudas á intervención, para retirar oferta do mercado.

-Reducir a produción de leite a través de distintos esquemas: Prezo A e Prezo B; cotas; axudas ao sacrificio de animais; medidas adoptadas polos produtores (redución da cantidade de penso; aumento do pastoreo e da herba verde na ración; destinar leite aos tenreiros; secar antes; ir a un só muxido...etc).

-Estimular a demanda de lácteos: programas de axuda alimentaria para colectivos vulnerables; axudas á exportación; axudas ao sector da repostaría ou á industria de lactoremplazantes para que empregan máis leite ou manteiga; programas de compra pública de lácteos para os colexios; residencias...etc.

-Programas de axudas aos produtores: Axudas directas; préstamos en condicións vantaxosas; carencias das cotas de préstamos; subsidios aos seguros; asesoramento técnico independente....etc.

“A recomendación do IFCN para gandeiros e industrias láctas é ser capaces de xestionar o camiño cara á crise, que se estenderá como mínimo até o terceiro trimestre e talvez a finais de ano empecemos a saír dela. A clave sempre é a planificación para preparse para afrontar a crise e tamén para saír dela con máis forza para medrar”, destaca.

Comportamentos do mercado lácteo durante a crise do Covid 19:

Torsten Hemme tamén describiu unha serie de 7 comportamentos do mercado de produtos lácteos que están a repercutir de forma negativa ou positiva na evolución dos prezos do leite:

1 Compras de produtos lácteos motivadas polo pánico ao desabastecemento e almacenamento de stocks no fogar: Rexístrase sobre todo durante as primeiras semanas e estimula a demanda e os prezos do leite.

2 Peche ou caída da demanda de hostalaría e restauración. Ten un impacto moi significativo en Estados Unidos, tirando á baixa do prezo dos produtos lácteos. Compénsase só en parte polo incremento das vendas na distribución (supermercados, hipermercados, tendas...etc).

3 Acumulación de stock de produtos lácteos por parte da industria alimentaria (fábricas de chocolate, de produtos de alimentación infantil, repostaría ...etc). Estimula positivamente os prezos do leite.

4 Problemas coas cadeas de transporte e subministracións: ten un impacto desigual nos prezos do leite, aínda que se sobreestimou nun principio. “No caso de Estados Unidos o que máis me preocupa é o peche dos matadoiros, xa que iso significa que moitas vacas van seguir en muxido, co incremento da produción que iso supón”, advirte Hemme.

5 Recesión da economía, aumento do paro, caída dos prezos do petróleo, menores ingresos nos fogares...etc. “A recesión da economía é o principal factor que inflúe na caída da demanda de produtos lácteos e esa recesión aínda non chegou”, advirte. O IFCN estima, por exemplo, que no caso de Rusia a recesión económica provocada polo coronavirus provocará unha caída na demanda de lácteos -fundamentalmente queixo e manteiga- do 10% neste 2020.

6 Políticas de intervención pública: axudas ao almacenamento de produtos lácteos, fomento do consumo, axudas aos gandeiros para que reduzan a produción..... Estimula o mantemento dos prezos do leite.

7 Descenso da produción debido aos baixos prezos do leite. É a principal medida que axuda a unha recuperación do prezo, xa que reduce a oferta e estimula a demanda. “Cando se reduzen as entregas debidos aos baixos prezos é cando de verdade racha o ciclo baixista dos prezos do leite” destaca Torsten Hemme.

As crises de prezos do leite son periódicas cada 10 anos

Torsten Hemme lembrou que “as crises de prezos do leite nun mercado sen cotas son periódicas, de forma que temos entre 2 e 3 cada dez anos”. Como exemplo puxo a evolución do prezo internacional do leite entre 2006 e abril de 2020 en Estados Unidos:

-De 2000 a 2006: prezo medio de 25 dólares por cada 100 quilogramos.

-Do 2006 ao 2015: prezo medio de case 40 dólares.

-Do 2017 ao 2020: un prezo medio de 35 dólares.

“Neste período tivemos 4 crise de prezos do leite, dúas delas con recuperación en forma de U e outras dúas en forma de V, moito máis rápida”, asegurou o responsable do IFCN.

Onde está a produción e a demanda de leite no planeta?

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada