Viña

Presentan solicitudes para plantar 2.200 hectáreas de viñedo na DO. Rías Baixas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
03/08/2021 6:55 p.m.

A Xunta destaca que Rías Baixas aglutina case a cuarta parte das hectáreas demandadas polas denominacións de orixe vitivinícolas galegas para executar polígonos de viñedo. En concreto, esta DOP solicitou recuperar para a plantación de vides máis de 2.200 hectáreas de parcelas en estado de abandono ou infrautilización, das máis de 10.000 ha trasladadas polas cinco denominacións de orixe dos viños galegos.

Así o resaltou o conselleiro do Medio Rural, José González, que hoxe participou no acto de entrega de premios ás bodegas gañadoras da edición número 69 da Cata Concurso da Festa do Albariño acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos, e pola directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Pola súa parte, o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, Juan Gil de Araujo falou sobre a importancia das festas do viño para esta DO: “son ferramentas fundamentais na nosa estratexia de promoción, á cabeza está a festa do Albariño de Cambados”. En referencia á promoción dixo: “é unha das pezas sobre as que se asenta o éxito destes viños”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Gil de Araujo felicitou ás adegas galardoadas e afirmou que as “46 restantes tamén son merecedoras destes premios, porque todas as empresas do D.O. aplicáronse nos últimos anos para conseguir a máxima calidade. Os numerosos premios en certames nacionais e internacionais demóstrano”.

Por último, sobre os retos do futuro, destacou que están “aumentar a superficie de viñedo, que vaia destinado a pequenos viticultores para que poidan obter rendibilidade; seguir traballando para situar os viños de Rías Baixas nos lineais e continuar a senda que marca a UE en materia de sustentabilidade: económica, ambiental”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada