Viña

Presentado o cartaz da Feira do Viño do Ribeiro, que chega á súa 60 edición

Loading ad.
Ad could not be loaded.
15/03/2023 1:32 p.m.

A organización da Feira do Viño do Ribeiro presentou o cartel da edición número 60ª, que terá como data de celebración do evento os días 28, 29 e 30 de abril de 2023, no recinto da Alameda de Ribadavia.

Por mor da celebración do sesenta edición, a organización tivo a ben facer unha mención á edición inaugural a través dunha adaptación do cartel da primeira edición, do ano 1964.

O cartel está redeseñado por Francisco J. Sánchez Moreno, profesional do deseño gráfico que leva toda unha vida traballando dende Ribadavia e que está moi vencellado e involucrado coa Feira do Viño do Ribeiro dende hai moitos anos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En referencia á “actualización” do cartel, o seu autor comenta que “tratou de manter a esencia do cartel orixinal conservando a estrutura e renovando certos detalles pero sen alterar o deseño, mantendo a estética da época.”

Pódese seguir toda a información sobre a Feira do Viño do Ribeiro na web www.feiravinoribeiro.com e nas súas redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada