Viña

Presentada unha campaña de promoción do enoturismo

A Xunta destina 160.000 euros á iniciativa, que contará cunha plataforma de comercialización. Búscase desestacionalizar a chegada de turistas e aproveitar os recursos que ofrecen as comarcas vitivinícolas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 29/09/2020 7:30 a.m.

A Cidade da Cultura acolleu a presentación dunha campaña de promoción do enoturismo, coa que se busca potenciar as experiencias de turismo de proximidade vinculadas ás Rutas do Viño de Galicia. No acto, tamén se presentou unha plataforma telemática desde a que se poderán facer reservas paras as experiencias ofertadas.

A Xunta destina 134.000 euros á campaña promocional e outros 25.000 á plataforma telemática de comercialización. Acudiron ó acto de presentación o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro do Medio Rural, José González, así como a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

O vicepresidente da Xunta destacou que o enoturismo supón un elemento clave na desestacionalización do turismo galego, con experiencias personalizadas que permiten descubrir o interior galego baixo a marca paraugas Enoturismo Galicia, amparada pola Administración autónomica.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Pola súa banda, o conselleiro do Medio Rural, José González, salientou que “o viño é o principal elemento dinamizador dos territorios que conforman as nosas denominacións de orixe”. Lembrou, neste sentido, que este sector abrangue unhas 9.000 hectáreas de superficie, con máis de 15.000 viticultores, 400 adegas e unha produción que supera os 60 millóns de quilos de uva anuais.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada