Leite

Presentación dun manifesto en defensa do sector lácteo

A Fruga propón a creación dunha plataforma de organizacións do sector para a demanda conxunta de medidas políticas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 15/05/2015 8:44 a.m.

A Federación Rural Galega (Fruga) vén de presentar en Lugo un manifesto en defensa do sector lácteo. No documento, a Fruga propón a constitución dunha plataforma de organizacións do sector, desde a parte gandeira á industrial, para a demanda conxunta de medidas políticas que freen a crise de prezos en orixe do leite. Como asinantes do manifesto figuran a organización agraria e máis o BNG.

Doutra banda, a secretaria xeral do Sindicato Labrego, Isabel Vilalba, que vén de participar en Bruxelas nun foro de diálogo europeo sobre o sector lácteo, criticou as perspectivas que hai en Galicia para aumentar a produción de leite en po, “un derivado co que non se cubren custos de produción”. Vilalba advirte ademais de que o mercado de leite en po presenta síntomas de saturación, en especial no caso español, o segundo país da UE con máis stocks almacenados, máis de 6.000 toneladas, se ben tamén é de destacar en España un forte aumento da importación de leite en po nos últimos meses.

O SLG criticou asimesmo as perspectivas de evolución do sector nos próximos anos, marcada pola desaparición de explotacións lácteas nas rexións da UE menos propicias para a produción leiteira, un argumento no que tamén se extendeu, nunha comparecencia en Lugo, a eurodiputada de Alternativa Galega de Esquerda Lidia Senra. Senra sostén que aumentarán as granxas de gran dimensión, de ata 1.000 vacas, e que desaparecerán pequenas e medianas explotacións de toda a UE.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada