Viña

Presentación dos viños da DO Monterrei en Madrid

O consello regulador organiza no Casino da capital unha degustación dos brancos e tintos da denominación. O evento oriéntase á prensa especializada e a socios da instalación

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 13/01/2018 11:21 a.m.

Este luns 15 de xaneiro, a denominación de orixe (DO) Monterrei organiza unha presentación dos seus viños no Casino de Madrid, nun acto no que se espera a presenza de arredor de 180 persoas, entre prensa especializada e socios da instalación.

A presentación incluirá unha exposición das características da denominación e dos seus viños, seguida por unha degustación posterior. Aos asistentes explicaráselles a historia, orografía, clima, solos e variedades de uva que hai na zona amparada pola DO Monterrei. Amosaránselles tamén os lagares rupestres que hai na comarca, que alberga a maior concentración en Galicia destas estruturas labradas en pedra, sumando máis de 50.

Os participantes no acto poderán a continuación degustar viños de todas as adegas embotelladoras de Monterrei, que se acompañarán de explicacións sobre as distintas tipoloxias de viños. O acto de Madrid constitúe o preludio da nova campaña promocional de Monterrei. “O obxectivo é reforzar a imaxe de marca, promocionar o territorio, establecer novas canles de comercialización e seguir impulsando o consumo de viños de Monterrei, tanto no sector da distribución como da restauración e consumidor final”, destaca a a presidenta da DO Monterrei, Lara da Silva.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O acto organizado polo consello regulador de Monterrei en Madrid é o primeiro no que a DO conta coa colaboración de produtos amparados por Galicia Calidade, “o que reafirma a nosa aposta pola excelencia”, valoran.

Sobre a DO Monterrei
A denominación de orixe Monterrei é unha das cinco DO vinícolas galegas. Confórmana 26 adegas do val de Monterrei, que abarca os concellos de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oimbra e Castrelo do Val. Os viñedos da denominación ocupan 566 hectáreas de territorio, nas que traballan 426 viticultores.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada