Carne

Preocupación polas dificultades do mercado de vacún de carne

Unións Agrarias advirte da situación de baixos prezos do sector e da saturación de carne no mercado. Os problemas de comercialización débense en parte a factores estacionais

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 23/03/2016 10:07 a.m.

O mercado do vacún de carne acumula un último ano marcado pola tendencia á baixa dos prezos e por unha certa saturación do mercado. As dificultades de comercialización estanse a facer máis notorias esta tempada por factores estacionais, xa que boa parte das granxas continúan a concentrar as parideiras na primavera, o que leva a que cando esa carne sae ó mercado, no primeiro semestre do ano seguinte, se produza unha sobreoferta.

A concentración das parideiras na primavera adoita lastrar o mercado no primeiro semestre do ano

O escenario de baixos prezos e de problemas para darlle saída ós becerros preocupa en Unións Agrarias. O responsable de vacún de carne en Unións, José Ramón Gónzalez, e o secretario de Organización, José Rodríguez, ofreceron onte unha rolda de prensa en Lugo para advertir da necesidade de arbitrar medidas de apoio para o sector.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Unións Agrarias pide o apoio da Xunta para incentivar unha reorientación da produción de carne cara os meses que teñen máis demanda, principalmente no verán. De todos os xeitos, a organización tamén lembra que o verán pasado non se produciu unha recuperación de prezos, un problema que, pronostica, podería repetirse este ano.

Mesa da Carne

Desde o punto de vista de José Ramón González, é preciso recuperar a Mesa da Carne, na que participaban os distintos axentes do sector. O responsable sindical sinala dúas cuestións nas que cómpre traballar para mellorar as contas das granxas.

Unións pide unha recuperación das axudas agroambientais, unha liña de axudas que minguou no último ano

En primeiro lugar, Unións entende que hai que reducir os custos de produción poñendo máis terra a disposición das explotacións. En segundo lugar, a organización demanda un maior apoio da Xunta en axudas agroambientais para as granxas de vacún de carne, unha liña de axudas que se reduciu no último ano.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“Se o 40% dos ingresos dunha granxa non chega vía axudas directas, non é posible manter unha explotación cos actuais prezos” -valoran en Unións.- “Con todo, é moito máis barato destinar eses cartos ás granxas, que contribúen a xestionar o territorio e a manter pastizais en zonas de monte, que adicalos á extinción de incendios”.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada