Agricultura

A praga da mosca da nogueira aséntase en Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
14/08/2021 1:10 a.m.

A Consellería do Medio Rural confirma que segue a detectarse a presenza da nova praga da mosca da nogueira (Rhagoletis completa) en boa parte de Galicia.

No ano 2020, confírmase a súa presencia en Galicia. É orixinaria de EEUU e México. De forma accidental, pasou a Europa na década de 1980.Trátase dun díptero. Os adultos teñen un tamaño variable de entre 4 e 8 mm. Ten unha única xeneración anual.

Os adultos emerxen do chan dende primeiros de xullo ata fináis de agosto cunha vida útil de 40 días.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Pasa o inverno en forma de pupa enterrada no chan a pouca profundidade. Ás dúas ou tres semanas, as femias xa fertilizadas comenzan a posta de ovos na cáscara da noz.

O desenrolo larvario dura entre 3 e 5 semanas. Despois, a larva cae ao chan ou caen coa froita enterrándose para pupar.

Para analizar a evolución desta praga, a Consellería do Medio Rural instalou o pasado 25 de xuño trampas de captura en catro comarcas con presencia relevante de nogueiras das provincias da Coruña e Lugo. Estas trampas ubícanse a dúas alturas distintas, 2 e 4 metros (a máis altura, máis capturas), sempre orientadas ao sur, e consisten nunha banda pegañenta xunto cun difusor de feromonas atraintes.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As trampas están a capturar moscas da nogueira, sobre todo en Bergondo, Carral e Sada (A Coruña), así como en Guntín (Lugo). Iso si, detectaron un aumento significativo de capturas en trampas con cebo alimenticio fronte ás trampas sin cebo.

Os tratamentos contra esta praga pódense facer de dúas maneiras:

• TIPO CEBO: Un insecticida xunto con proteína hidrolizada para atraer aos adultos. Debe facerse ao inicio do voo e manterse ate a recolección.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

• TRATAMENTOS XENERALIZADOS A TODA A ÁRBORE: En función da evolución do voo, aplicando un insecticida ovo-larvicida.

Ademais, recoméndase traballar a terra baixo a copa das nogueiras para eliminar as formas invernantes (pupas) desta mosca.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada