Carne

Poxas de Acruga este fin de semana en Cervantes e Seoane do Courel

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 10/05/2019 9:18 p.m.

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega (Acruga) participará este sábado en Cervantes na I Feira na Defensa do Gandeiro de Montaña e o domingo organiza outra poxa en Seoane do Courel. A subasta deste sábado en Cervantes comezará ás 12 horas e os gandeiros terán a súa disposición 5 exemplares maiores de 21 meses procedentes da Granxa Gayoso Castro. O prezo de saída está fixado en 1.800 euros e como é habitual, os gandeiros que adquiran os animais terán unha axuda á compra de Caixa Rural Galega por importe de 200 euros.

Acruga tamén estará presente en Cervantes na exposición de gando, xa que os animais que representarán á raza rubia gallega pertencen a socios da asociación con granxas en Cervantes.

Subasta en Seoane do Courel
En Seoane do Courel, Acruga celebrará este domingo 12 de maio outra poxa con cinco novillas preñadas. É a segunda subasta que organiza neste concello da montaña lucense, logo da realizada o pasado ano, que se pechara con tódolos animais vendidos a un prezo medio de 2.150 euros. A poxa de Seoane comezará ás 12.30 horas, aínda que a retirada de tarxetas para participar poderá facerse desde unha hora antes.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada