Carne

Poxa de xovencas preñadas de Rubia Galega este domingo en Becerreá

Loading ad.
Ad could not be loaded.
17/03/2017 6:55 p.m.

A primeira poxa do ano de gando de raza rubia galega de Acruga chega este domingo, día 19 de marzo, a Becerreá, localidade onde o mercado gandeiro acollerá, a partir das doce da mañá, a poxa de seis xovencas preñadas, procedentes do centro de recría da granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo.

As xovencas preñadas contan con diferente idades, de 19 a 28 meses, e todas elas parten cun prezo de saída de 1.800 euros. Ademais, como xa é habitual, os compradores contarán cunha axuda de 200 euros de Caixa Rural Galega, pola adquisición de cada exemplar.

A do sábado será a primeira poxa de xovencas preñadas do ano. A retirada de cartóns poderá realizarse a partir das once e media no propio recinto.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Becerreá é un dos municipios cunha importante presenza de explotacións de rubia galega, actualmente unhas 50, e cun número total de cabezas de 907. Esta circunstancia, unida ao feito de ser a primeira feira do ano, fai que os prognósticos para as vendas e as cotizacións sexan favorables.

Próximas citas

Unha vez aberta a tempada de poxas coa feira de Becerreá, para o mes de abril, Acruga ten previsto unha nova poxa en Pedrafita do Cebreiro. Será o día 5, a partir das 12.00 da mañá, no mercado gandeiro da localidade, terá lugar a poxa de cinco xovencas preñadas, tamén procedentes do Centro de Recría de Castro de Rei, dependente da Deputación de Lugo. Á mesma hora, pero do día 26, celebrarase na localidade coruñesa de Boimorto, a poxa doutras cinco xovencas de raza rubia galega.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada