Axenda

Poxa de xovencas e charlas sobre as axudas ás explotacións en Magreco 2016

19/03/2016 5:45 p.m.

O concello de Boimorto organiza esta fin de semana unha nova edición da Feira de Maquinaria Agrícola e Produtos Ecolóxicos Magreco 2016.

A feira contará con múltiples actividades, como demostracións de maquinaria, obradoiros ou charlas informativas, centradas este ano nas axudas ás explotacións agrarias do novo PDR 2014-2020 , así como do programa Leader 2014-2020.

O domingo celebrarase a poxa de xovencas de razas Frisona e Rubia Galega, organizadas por Africor Coruña e ACRUGA, respectivamente.

Podes descargar aquí o catálogo das xovencas que sairán a poxa.

Descarga aquí o programa completo de Magreco 2016

Ir a la portada