Carne

Poxa de Acruga en Adai este sábado con 18 animais

A Asociación de Criadores de Rubia Galega oferta 11 xovencas preñadas e 7 machos, todos eles de alta cualificación xenética

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 26/10/2018 8:30 a.m.

O mercado gandeiro de Adai, no Corgo (Lugo), acollerá este sábado 27 a partir das 12 horas unha nova poxa da Asociación de Criadores de Rubia Galega (Acruga). O evento contará cunha oferta de 18 animais, 11 xovencas preñadas e 7 machos. As xovencas proceden do centro de recría Gayoso Castro, xestionado por Acruga en instalacións da Deputación de Lugo, a excepción dun animal achegado por un gandeiro de Castroverde.

O prezo de saída das novillas sitúase en 1.800 euros e contarase cunha achega económica de Caixa Rural Galega de 200 euros. As idades das novillas preñadas sitúase entre 21 e 26 meses. Os gandeiros interesados en poxar por algún dos exemplares poderán retirar cartóns desde as 11.30 horas da mañá.

En machos, poxaranse un total de 7 exemplares, dos cales tres proceden da nave de testaxe de Acruga, mentres que os outros catro son propiedade doutros tantos gandeiros de Samos, Friol, Dozón (Pontevedra) e Lugo. Este sete animais, con idades comprendidas entre os 15 e 19 meses, presentaranse á poxa cuns prezos de saída de entre 1.900 a 2.300 euros. Do mesmo xeito que coas novillas, os compradores destes exemplares tamén recibirán unha axuda de Caixa Rural Galega, neste caso de 300 euros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada