Leite

Poxa de 16 vacas paridas e 4 xovencas próximas ao parto este sábado en Chantada

Xenética Fontao agasallará cada compra con tres doses de seme do seu touro Honesto e outras tres de Ninjo por cada un dos animais adquiridos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/03/2020 4:09 p.m.

Este sábado, 7 de marzo, arrinca o calendario anual de poxas de gando frisón na provincia de Lugo coa Poxa de Gando Frisón de Chantada, organizada polo Concello chantadino e na que colaboran AFRICOR Lugo e a Cooperativa AIRA.

Sairán a poxa un total de 20 animais procedentes de ganderías da provincia de Lugo, con tódalas garantías sanitarias e de cualificación xenética. Trátase de 14 vacas paridas de primeiro parto, 2 de segundo parto e 4 xovencas próximas ao parto de entre 21 e 24 meses de idade.

A poxa comezará ás 12:00 horas no Mercado Gandeiro da localidade. A empresa pública Xenética Fontao obsequiará con 3 doses de seme do touro HONESTO e 3 doses de NINJO por cada un dos animais adquiridos na poxa.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Listaxe completa dos animais que se poxarán:

 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada