Apicultura

Porriño acolle o sábado 24 a XXX Feira Apícola das Rías Baixas

O evento, organizado pola Agrupación Apícola de Galicia, inclúe unha xornada técnica, actividades lúdicas e a venda de mel, material para apicultores e produtos artesáns

Campo Galego 13/03/2018 1:12 p.m.

A XXX Feira Apícola das Rías Baixas celébrase o sábado 24 de marzo ó longo de todo o día en Porriño. A actividade, que está organizada pola Agrupación Apícola de Galicia e pola Agrupación de Apicultores de Pontevedra, inclúe unha xornada técnica e un mercado no que se poderá adquirir mel, material de apicultura e produtos artesáns. Para o día anterior, o venres 23, programáronse tamén obradoiros de trampas de velutinas e de elaboración de xabón con mel.

A Feira celébrase no Centro Cultural de Porriño a partir das 10 h. da mañá do sábado 24. Detállase a continuación o programa da xornada técnica da Feira:

10.15 h. - Própole: métodos de recolección (Félix Adanero Jorge, doutor en Farmacia pola Universidade de León).

11.15 h. - Control da mortalidade e produción intensiva (David Sousa Alonso · Técnico apícola en Eco Abella S.L.).

12.30 h. - Inauguración das xornadas por parte das autoridades.

12.45 h. - Boas prácticas na alimentación apícola (Fina Gonell Galindo · Pajuelo Consultores Apícolas S.L.).

14:30 h. - Almorzo (só para socios da Agrupación Apícola de Galicia). Prezo 20€. - Reservas en info@naranjalimon.es

17 h. - Taller de nutrición e alimentación das abellas (Fina Gonell Galindo· Pajuelo Consultores Apícolas S.L). Este taller ten as prazas limitadas a socios/as da AAPP e Agrupación Apícola de Galicia. Inscripción previa en apicultoresvigo@yahoo.es

20 h. - Asemblea e actividades do ano 2018 da Asociación de Apicultores da Provincia de Pontevedra (AAPP).

21 h. - Peche da feira.

Obradoiros
O día anterior, o venres 23, está prevista a celebración de obradoiros dirixidos a cativos e adultos entre 16.30 e 19.30 horas. Os obradoiros, que se desenvolverán na Escola Municipal de Música, versarán sobre a elaboración de xabón con mel e outros produtos da colmea, así como sobre a elaboración de trampas para a vespa asiática. As persoas participantes poderán levar para casa as trampas ou xabóns que elaboren.

A participación nos obradoiros require reserva previa en info@naranjalimon.es.

Etiquetado
Ir a la portada