Desenvolvemento rural

A Pontenova revive a tradición cunha nova edición da Festa da Malla

01/09/2018 8:20 p.m.

O presidente da Deputación de Lugo e alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, acompañado dos veciños da vila, participou este sábado na IV Edición da Festa da Malla, coa que colabora o Goberno Provincial, e que tivo lugar a carón do Pozo da Ola.

Na xornada, que comezou ás 12:00 horas, incluíronse diversas actividades como demostracións con malles (un apeiro manual para bater o cereal e extraer o gran), despois houbo comida popular, na que participaron 200 veciños, e sesión vermú.

Campos Conde agradeceu a colaboración e o traballo de todos os veciños que participaron nesta nova edición “especialmente a Manolo de Prada, que foi o verdadeiro promotor desta cita, que xa celebra a súa cuarta edición”. “Para nós son importantisimas este tipo de iniciativas xa que contribúen a  promover e revalorizar as tradicións locais como sinais de identidade e atractivo da provincia”, destacou o alcalde e presidente provincial.

Etiquetado
Ir a la portada