Viña

Ponte da Boga presenta o seu novo viño rosado da Ribeira Sacra

Loading ad.
Ad could not be loaded.
06/03/2020 11:23 a.m.

A adega Ponte da Boga acaba de presentar en Madrid o seu novo viño rosado, Academia, amparado pola Denominación de Orixe Ribeira Sacra. “Trátase dun viño rosado fresco, fragante e divertido, que conserva a elegancia e complexidade características desta adega”, destacan.

Academia é un viño 100% Mencía con crianza sobre lías en depósito e barrica durante 4 meses. De cor rosa pálido, case ocre, achega intensos matices e aromas froiteiros. A súa maridaxe perfecta está asociada a peixes e aves.

Sobre Ponte da Boga

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ponte da Boga é a adega de Corporación Hijos de Rivera situada no municipio de Castro Caldelas, na Ribeira Sacra ourensá, que foi fundada en 1898 por unha familia orixinaria da zona.

En 2005 a adega pasou a ser propiedade de Corporación Hijos de Rivera e desde entón, investiu gran parte dos seus esforzos no ámbito da investigación co obxectivo de recuperar variedades autóctonas de uva, practicamente abandonadas, coas que elaborar viños de forte personalidade e, sobre todo, de firme identificación coa zona.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada