Desenvolvemento rural

A Plataforma de Produtores de Ecolóxico en desacordo coas propostas da Xunta para o sector

01/03/2023 11:31 a.m.

A Plataforma de Produtores e Produtoras de Ecolóxico de Galicia, constituída a raiz da denegación por parte da Xunta de boa parte das solicitudes de axudas do 2022, amosa o seu desacordo coas últimas propostas da Consellería do Medio Rural para o sector.

En concreto, advirten de que ás axudas agroambientais en ecolóxico para o novo período da PAC 2023-2027 “non se lle pode aplicar nin o prorrateo nin a degresividade a estas axudas, e débese cubrir o cento por cento das solicitudes, que se deben incrementar nun 25% como foi o compromiso da consellería e do seu titular para este ano 2023”.

Ademais, dende a plataforma defenden que “a axuda de lobo debe ser una axuda independente á que teñan tamén acceso as producións de ecolóxico”.

Por último, manifestan que “non entendemos as liñas nin as políticas actuais da consellaría de Medio Rural para o sector da produción ecolóxica”.

Etiquetado
Ir a la portada