Plantación de frondosas no monte demostrativo do Pico Sacro

Campo Galego 29/03/2022 11:17 a.m.

Con motivo da recente celebración do Día Internacional dos Bosques, a Asociación Forestal de Galicia (AFG) desenvolveu unha plantación de frondosas caducifolias cun grupo de 23 escolares de Boqueixón. A plantación, que se fixo no monte demostrativo do Pico Sacro (Boqueixón, A Coruña), procura a creación dun bosque mixto de carballo do país, castiñeiro e cerdeira.

A iniciativa, que se desenvolveu onte, contou coa participación de 23 alumnos de 1º de ESO do CPI Antonio Orza Couto de Boqueixón. Ao acto acudiron tamén o alcalde do Concello de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, así como o vicepresidente de Relacións Intitucionais da AFG e o seu equipo técnico.

Ademáis de facer unha visita guiada polo Monte demostrativo do Pico Sacro, os técnicos da AFG explicáronlles aos participantes as experiencias que se están levando alí e ensináronlles a facer unha plantación de árbores frondosas.

Etiquetado
Ir a la portada