Desenvolvemento rural

Plan de formación 2020 do Ministerio

Agricultura programa un total de 43 cursos para técnicos, dos que unha parte serán online e outros realizaranse de forma presencial cando a situación sanitaria o permita

Campo Galego 21/05/2020 8:13 p.m.

O Ministerio de Agricultura puxo en marcha un plan de formación cun total de 43 cursos orientados á formación de técnicos que traballan no asesoramento a explotacións agrarias. Os cursos abordan numerosas temáticas orientadas a distintas tipoloxías de explotacións gandeiras e agrícolas.

No programa figuran cursos sobre regadío en agricultura, xestión da contaminación de nitratos, agricultura ecolóxica, asesoramento a explotacións gandeiras, regulamentos sobre benestar animal ou actualización de normativa en vacún de leite, entre outros.

Os primeiros cursos online desenvólvense a partir da próxima semana:

· Curso sobre agricultura ecolóxica (os días 26 e 28 de maio e 2 e 4 de xuño) e curso de asesores de explotacións agrarias e gandeiras (os días 16, 18, 23, 25 e 30 de xuño).

· Xornada técnica sobre medidas de apoio á Industria 4.0 (25 de xuño) e xornada técnica sobre medidas de apoio ao emprendemento rural (30 de xuño).

Pode consultarse todo o calendario de cursos e facer a inscripción nesta web. É posible que parte dos cursos que inicialmente ían ser presenciais rematen por desenvolverse en formato online, segundo indica o Ministerio.

Etiquetado
Ir a la portada