Carne

Piden á Xunta que extreme o control da fauna salvaxe ante a chegada da enfermidade hemorráxica epizoótica

Loading ad.
Ad could not be loaded.
19/08/2023 6:33 p.m.

Unións Agrarias insta á Xunta de Galicia a extremar o control da fauna salvaxe “ante a inminente chegada a Galicia da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE)”, unha doenza vírica que dende a súa chegada a España en novembro de 2022 se ten estendido sen control en dirección sur-norte; e que a día de hoxe se atopa xa ás portas de Galicia.

A organización agraria advirte de que “entre 2.000 e 3.000 euros de gasto está a supor a EHE ás ganderías das zonas afectadas por unha doenza que é transmitida por mosquitos e que afecta especialmente a rumiantes silvestres como cervos, gamos ou corzos”. Esta enfermidade está presente hoxe en 11 provincias da Península e que se ten localizado xa en Salamanca.

Ante esta situación, Unións Agrarias apela á responsabilidade da Xunta de Galicia e insta á Consellería de Medio Ambiente a “actuar con premura e adiantarse á aparición de brotes na cabana gandeira galega”. En concreto, a organización agrogandeira incide na necesidade de incluír o risco sanitario para o gando doméstico como un factor determinante á hora de calcular as densidades de fauna cinexética nos ecosistemas e os cupos de caza; e incide no papel fundamental desta actividade como un elemento fundamental de xestión para o mantemento e a preservación da sanidade animal.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Asimesmo, Unións Agrarias insta á administración a “actuar con previsión para non deixar ás ganderías na estacada no caso da aparición da EHE nas explotacións galegas”. Nese senso, a organización reclama apoios económicos para o tratamento, así como a indemnización dos animais mortos.

“As explotacións de vacún en extensivo son as que ata o de agora están a sufrir as consecuencias dunha doenza que tamén infecta a ovellas e cabras aínda que, no caso do gando ovino e cabrún, cursa sen manifestacións clínicas”, explican.

Por último, dende Unións inciden en que “a día de hoxe o control da transmisión e, por ende, as medidas cinexéticas, son a única medida preventiva posible para o control dunha doenza para a que non existe vacina, e que cursa con febre, debilidade, perda de apetito e do instinto de fuxida, abortos ou mortandade de animais recén nados”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada