Carne

Piden que se exclúa á gandaría das negociacións do TTIP entre Estados Unidos e a UE

Advirten de que "de aprobarse, o tratado sería unha ameaza para a gandaría e a saúde dos consumidores". Calculan que "o TTIPsupoñería a perda de 400 mil postos de traballo na UE nos dez anos posteriores á súa aplicación".

Loading ad.
Ad could not be loaded.
24/08/2015 1:55 p.m.

Diversas organizacións gandeiras de España piden que se exclúa á gandaría de carne das negociacións entre a Unión Europea e Estados Unidos, a firma do Acordo Transatlántico para o Comercio e o Investimento (TTIP polas súas siglas en inglés). Consideran que tras 10 roldas de negociacións "a firma do acordo encontrou grandes dificultades nos subsectores gandeiros de vacún de carne e leite, carne de porcino e polo e de produción de ovos,".

Segundo estas organizacións, "Estados Unidos e a UE insisten en manter as súas respectivas regulacións en produción gandeira, que supoñen maiores restricións e custos para os produtores comunitarios,".

Neste sentido, os sectores españois afectados (Asaja, Cooperativas Agroalimentarias e colectivos de produtores como Anprogapor, Aseprhu, Propolo ou Asoprovac) solicitaron nunha carta enviada á Administración española e institucións comunitarias "excluír do tratato ás producións gandeiras sensibles, e que se prolongue nestes sectores a situación actual coas condicións de cotas e aranceis establecidos para cada sector que permiten os intercambios comerciais sen poñelos en risco".

Loading ad.
Ad could not be loaded.

De aprobarse, o tratato sería unha ameaza para a gandaría e a saúde dos consumidores

O tratado TTIP permitiría a importación de alimentos de orixe animal producidos con antibióticos promotores de crecemento, hormonas, fariñas de carne, aditivos e OMG non autorizados na UE, e tamén de canles de polo tratadas.

"Estas prácticas, que permiten que Estados Unidos sexa moi competitivo en produción gandeira a nivel mundial, son unha ameaza para a sostibilidade dos sectores comunitarios sensibles", aseguran os representantes do sector gandeiro español.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ademais, existe un amplo rexeitamento social a que na UE se comercialicen alimentos producidos con métodos prohibidos segundo o Modelo Europeo de Produción, máis esixente en materia de seguridade alimentaria, entre outros aspectos.

Advirten de que supoñería a perda de 400 mil postos de traballo naUE

Para as organizacións gandeiras, "un acordo TTIP que non teña en consideración o modelo regulatorio comunitario sería sumamente lesivo para os intereses da UE". Supoñería a perda de 403.200 postos de traballo na UE nos 10 anos posteriores á súa entrada en vigor.. Este dano non é política nin socialmente aceptable na conxuntura actual da UE. "Ademais, -subliñan- a opinión pública é moi crítica cun TTIP que non respecte a esixencia dos cidadáns europeos, de que, especialmente en materia de seguridade alimentaria, os produtos importados cumpran as mesmas normas que os comunitarios,".

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os subsectores de vacún de carne e leite, carne de porcino e ave e de produción de ovos representan unicamente o 0,47% do PIB da Unión Europea. As organizacións asinantes da petición consideran que a súa exclusión do TTIP sería un mal menor en prol de facilitar un acordo de libre comercio que achegaría grandes beneficios políticos e económicos tanto á UE como a EUA A súa solicitude non exclúe que nun futuro ambos os dous modelos regulatorios deban ser analizados con vistas a unha converxencia que permitise a integración total destes sectores no marco do Tratado TTIP.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada