Leite

Piden aos gandeiros galegos que se sumen á Marcha Branca

Loading ad.
Ad could not be loaded.
30/08/2015 1:34 p.m.

A Organización de Produtores de Leche (OPL) pide aos gandeiros galegos que mostren a súa solidariedade coa Marcha Branca e os produtores lácteos de Castela e León.

O día 4 de setembro a Marcha Branca sairá dende Aravaca ata alcanzar o Ministerio de Agricultura, onde previsiblemente haberá unha reunión dos convocantes coa Ministra, Isabel García Tejerina. Haberá unha rolda de prensa, entregarase un brik ás autoridades coas reivindicacións dos gandeiros e repartirase leite gratuitamente entre o público asistente.

Dende a OPL informan que en Galicia haberá autobuses a disposición daqueles que queiran asistir ao encontro da Marcha Branca en Madrid. Todos aqueles interesados en participar deberán poñerse en contacto coa organización no correo info@opleche.com .Desde a entidade recomendan organizar grupos por cada concello para facilitar a organización da saída.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Demandas da Marcha Branca

Entre as esixencias da Marcha Branca, ás que se suma a OPL, están a creación dunha mesa de negociación na que se encontren presentes todos os axentes da cadea alimentaria en igualdade de condicións e na que a Administración actúe de árbitro no proceso de negociación.

Ademais, piden que se recolla a totalidade do leite producido en España a un prezo xusto; a formalización de contratos entre produtores/cooperativas e industria que garantan un prezo mínimo que garanta os custos de produción. Igualmente, demandan campañas de promoción do consumo de leite e produtos lácteos e o dobre etiquetado que permita coñecer a trazabilidade do produto e ver o seu custo real, identificando con claridade o leite de orixe española.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada