Carne

Piden a supresión dos aranceis para os fertilizantes importados

Loading ad.
Ad could not be loaded.
13/07/2016 9:17 a.m.

Que a Unión Europea suprima os aranceis para os fertilizantes importados para abaratar o seu custo para gandeiros e agricultores. Está é a medida que están a impulsar dende a COPA, a organización de cooperativas europeas, e que este martes abordaron nunha reunión en Madrid a Comisión Executiva do sindicato UPA cunha delegación da Irish Farmer´s Asossociation (IFA), a asociación dos gandeiros irlandeses.

Ambas organizacións coincidiron en que se se liberalizou o comercio de leite entre a UE e o resto do mundo, tamén debería facerse o mesmo cos fertilizantes, para que isto redunden en menores custos para os gandeiros.

Na reunión tamén abordaron os prezos dos fertilizantes e a situación do sector lácteo en España e en Irlanda. Canto ao primeiro, segundo explica o secretario de Gandería de UPA, Román Santalla, “en Irlanda utilizan o 89% do fertilizantes para producir herba e pasto para as vacas, utilizando moito máis de abono nitroxenado por hectárea que en Galicia”. En canto aos prezos, o nitróxeno cunha riqueza do 27% está en Irlanda en torno aos 200 euros por tonelada de prezo de compra, mentres en Galicia o prezo anda entre 280 e 290 euros por tonelada. A urea en Galicia rolda 330 euros por tonelada para o produtor, e en Irlanda anda arredor do 300 euros por tonelada.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Situación do sector lácteo en Irlanda

En canto aos prezos, segundo explica Román Santalla “o que nos transmitiron é que os gandeiros tamén están a pasar por un momento difícil, cunha media de 22 céntimos por litro, o que está facendo que volvan ao sistema tradicional de pastoreo e de mínimos gastos para baixar os custos de produción”. A súa previsión é que os prezos se recuperen nos próximos meses, axudados pola alza nas cotizacións mundiais da manteiga, un produto do que Irlanda é un gran exportador.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada