Carne

Peticións á Consellería das ganderías de Abadín afectadas polas probas do saneamento

Queren que se realice a proba comparada a todos os animais sospeitosos e que se inspeccione á empresa adxudicataria para comprobar a correcta realización da campaña deste ano

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/11/2022 5:24 p.m.

[caption id="attachment_184781" align="aligncenter" width="660"] Xuntanza levada a cabo polos gandeiros e gandeiras afectados, que recolleron sinaturas[/caption]

Gandeiras e gandeiros afectados polas “graves eivas” da campaña de saneamento da Consellaría do Medio Rural reuníronse novamente esta semana en Abadín co obxectivo de continuar organizándose para esixir á Xunta a “subsanación inmediata das demoras e descoordinación” neste servizo de sanidade animal. As xuntanzas están auspiciadas polo Sindicato Labrego Galego. 

As granxas afectadas están recabando apoios para presentar á Consellería un escrito no que, ademais de denunciar a situación destes últimos meses, solicitan que se concrete á maior brevidade posible unha xuntanza co conselleiro, José González.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Presentan ademais a seguinte batería de propostas e peticións:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada