Agricultura

Petición de un plan de axuda europeo para o sector de planta ornamental

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 09/04/2020 10:35 p.m.

A demanda de planta ornamental baixou por riba do 80% en toda Europa desde mediados de marzo, polo que o sector de flor cortada e planta ornamental afronta un colapso histórico. Ante esta situación, o Copa-Cogeca, a organización que agrupa a cooperativas e organizacións agrarias de toda Europa, solicitou da Comisión Europea un plan de axudas comunitarias para abordar de xeito urxente as necesidades do sector.

Galicia é unha das zonas da UE afectadas pola crise da planta ornamental, pois a comunidade conta cun potente sector de planta ornamental que exporta flor e planta a toda Europa.

O secretario xeral do Copa Cogeca, Pekka Pesonen, lembra que a crise do sector golpea no peor momento do ano, pois a primavera é o periodo no que se xera a maior parte da facturación do sector. A crise do coronavirus está obrigando de xeito inevitable a destruír a produción en toda a UE, cun efecto dominó polo peche da cadea de venda.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Desde o Copa-Cogeca piden a activación extraordinaria de medidas de xestión de crise, como as previstas no Reglamento 1308/2013. As propostas do Copa son as seguintes:

- Apoios para compensar as perdas, garantir liquidez e a continuación da actividade agraria.

- Compensacións de polo menos o 80% dos custos de eliminación de planta e produción do produto que non se vende.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Mantemento do funcionamento do mercado único.

Tamén se demandan medidas para o medio e longo prazo, cun fondo de promoción que aborde as necesidades do sector de flor e planta ornamental. “A supervivencia de todo o sector da UE de planta ornamental está en xogo”, advirten.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada