Forestal

PEFC organiza un foro online sobre “Os bosques, os seus produtos e servizos no mundo post-Covid”

16/05/2020 9:39 p.m.

PEFC España organiza o vindeiro día 20 o Foro de Directores 2020 baixo o lema “Os bosques, os seus produtos e servizos no mundo post-Covid: Medidas de futuro, retos e oportunidades”. Participarán entre outros, o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan Rodríguez, e o Director de XERA, Jose Ignacio Lema Piñeiro.

O foro constitúese como un espazo de diálogo no que os directores de bosques, biodiversidade,  medioambiente, etc., de diferentes institucións e administracións públicas, presentarán a súa previsións, estratexias ou medidas a aplicar no sector forestal tras a crise do  COVID-19.

Exporase a continuación un diálogo entre os participantes: expertos en políticas forestais, certificación, industria, xestores públicos e privados, prescritores, comunidade científica e tecnolóxica, medios, sociedade civil…

As súas achegas e recomendacións contribuirán a enriquecer o coñecemento das necesidades, retos e oportunidades para a mellora do posicionamento do sector forestal e os beneficios que debe achegar á sociedade no seu conxunto nunha contorna que cambiou de forma radical tras a pandemia causada polo  COVID-19.

Programa e inscrición: https://forodirectores2020.pefc.es/

Etiquetado
Ir a la portada