Noticias de empresa

Pefc Galicia promove o emprego de produtos forestais procedentes de bosques sostibles

03/10/2019 10:36 a.m.

Éxito rotundo nas accións organizadas pola Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal, PEFC Galicia, o pasado venres 27 de setembro, cofinanciadas por XERA (Axencia Galega da Industria Forestal).

Iniciouse a mañá congregando a máis de 30 profesionais do sector forestal nunha Masterclass seguido dun Worksohp na que se analizaron e debatiron estratexias para fortalecer e comunicar con éxito unha marca de produtos forestais da man de Christopher Smith, experto en identidade corporativa e branding e Marta Salvador, directora Técnica de PEFC España. O acto de apertura correu a cargo de Ignacio Lema, Director de XERA.

Tecido procedente de árbores con certificación forestal PEFC

Pola tarde, deuse o pistoletazo de salida a un conxunto de proxectos que se desenvolverán xunto coa Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo. En primeiro lugar fíxose entrega á Escola de tecido procedente de árbores con certificación forestal PEFC, é dicir, con garantías de que o monte é xestionado de forma sostible.

Este tecido PEFC, doado por Téxtil Santanderina S.A., primeiro produtor de tecidos certificados en Cadena de Custodia PEFC a nivel internacional, será empregado polos alumnos da escola para desenvolver os seus proxectos de deseño ao longo do curso. O obxectivo é promover o uso de materiais sustentables procedentes de bosques ben xestionados no mundo da moda.

O venres tarde celebrouse un seminario dirixido aos profesores da Escola Mestre Mateo para informar de primeira man a importancia de que o mundo da moda sexa cada vez máis sostible empregando tecidos que proceden de bosques e que teñen un consumo moi inferior de auga e enerxía no seu proceso de transformación.

Etiquetado
Ir a la portada