Viña

“Pazo Lalón”, da DO. Ribeiro, elixido mellor viño branco de Galicia, e “Ó Prómine Singular”, da Ribeira Sacra, mellor tinto

Loading ad.
Ad could not be loaded.
19/11/2020 4:35 p.m.

O conselleiro do Medio Rural, José González, presidiu hoxe a entrega dos premios das Catas de Galicia 2020.

Este ano os galardóns aos mellores viños de Galicia recaeron en “Pazo Lalón”, da bodega Pazo Lalón S.L. (DO Ribeiro) na categoría de brancos e “Ó Prómine Singular”, de bodegas Petrón S.L. (DO Ribeira Sacra) na categoría de tintos. Así mesmo, tamén se deron a coñecer os gañadores das catas de augardentes e licores tradicionais. O resto de galardóns entregá

ronse de xeito individualizado nas sedes dos consellos reguladores das cinco denominacións de orixe vitivinícolas debido ás medidas sanitarias pola covid-19.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Velaquí a listaxe de premiados:

Proceso de cata a cegas

Os gañadores de cada categoría foron elixidos tras un rigoroso proceso de cata a cegas levado a cabo durante cinco días -entre o 26 e 30 de outubro- por un total de 21 expertos, 14 deles encargados de valorar os viños e outros sete encomendados para as augardentes e licores tradicionais. Así, tras a criba inicial, este panel de profesionais tivo que escoller entre 348 mostras de tintos e brancos pertencentes a 143 adegas e entre outras 25 de augardente, licor de herbas ou licor café correspondentes a oito empresas galegas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ademais, no que atinxe aos viños, recolléronse e identificáronse as botellas participantes nas súas respectivas bodegas, envolvéndoas en material opaco e introducíndoas posteriormente nunha caixa selada para garantir que as catas fosen totalmente a cegas. Así, só quedaba visible o nome da categoría na que participaban e se se trataba de viño branco ou tinto. Con respecto ás augardentes e aos licores tradicionais, recolléronse as mostras en envases idénticos de 3/8 de litro, para que tamén resultase imposible recoñecelos e identificalos, asegurando a máxima rigorosidade e anonimato.

O sector vitivinícola galega representa a uns 13.400 viticultores e 479 adegas, capaces de xerar un valor económico anual que supera os 200 millóns de euros.

[caption id="attachment_131607" align="aligncenter" width="660"] Entrega da distinción ao mellor viño branco de Galicia, Pazo Lalón[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[caption id="attachment_131604" align="aligncenter" width="660"] Entrega do premio ao mellor tinto, “Ó Prómine Singular”,[/caption]

[caption id="attachment_131610" align="aligncenter" width="660"] O Pote de Ouro para augardentes e licores recaeu en Pazo de Señoráns[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada