Viña

Pazo de Rubiáns gaña a Cata Concurso da Festa do Albariño

‘La Trucha’ faise coa medalla de prata do certame e Abadía de San Campio co bronce

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 06/08/2018 9:26 a.m.

A XXX Cata Concurso da Festa do Albariño, que contou con 58 viños participantes da añada 2017, concluiu con Pazo de Rubiáns (Vilagarcía) como gañador do certame. En segunda posición quedou ‘La Trucha’, de Crecente, e a medalla de bronce foi para Abadía de San Campio, do Rosal.

O concurso do albariño, celebrado esta fin de semana, dividiuse en dous días. O primeiro, o pasado sábado, o xurado evaluou os 58 viños a concurso e fixo un primeiro corte cos 12 mellores, que volveron ser evaluados nunha cata o domingo, da que saíron os gañadores.

O certame contou cun panel de expertos integrado por 21 persoas, tanto do equipo de cata interno da denominación de orixe como por catadores externos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada