Carne

Pagan 1.502 euros por un becerro en Silleda

Loading ad.
Ad could not be loaded.
04/10/2016 6:30 p.m.

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou este martes o segundo mellor prezo acadado na súa poxa por un becerro carniceiro, 1.502€, cunha diferenza de tan só 4€ respecto ao récord histórico conseguido por un exemplar desta categoría, correspondente a un macho de raza Rubia Galega que foi adquirido o 1 de xullo de 2014 por 1.506€.

O animal poxado hoxe, que chamou a atención no mercado polas dimensións do seu lombo, é un macho cruzado nacido o 10 de decembro de 2015 e procedente dunha explotación de Trazo (A Coruña). Foi adquirido polo operador Ganados Nimo e será destinado a unha carnicería da praza de abastos de Santiago de Compostela.

A cifra acadada por este becerro carniceiro supón o mellor prezo obtido por un exemplar desta categoría dende o 1 de xullo de 2014.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada