Viña

Os viños galegos chegan ao público de Nova York a través do Ingavi

Loading ad.
Ad could not be loaded.
20/01/2017 7:09 p.m.

O Instituto Galego do Viño impartirá en Nova York dous novos cursos de especialización en viño para dar a coñecer as uvas e os viños, tanto galegos como españois. Estas accións formativas, que darán comezo o próximo 23 de xaneiro, están organizadas en colaboración coa Nacional e coordinadas polo Managing Director do Instituto Galego do Viño, Antonio Arias.

Os cursos, impartidos por Xoán Cannas e Jorge Vila -director e Ceo do Ingavi, respectivamente- ofrecen unha formación feita a medida tanto para profesionais que buscan ampliar o seu coñecemento sobre viños españois e galegos, como para amateurs que queiran ter un primeiro achegamento ás variedades autóctonas de España e Galicia. En total cataranse 35 viños representativos de cada rexión, difíciles de atopar en EE.UU. Todas as accións formativas impártense na sede da Nacional, Spanish benevolent society (239 W 14th St, Nova York).

O curso para a obtención do Diploma de Especialización en Viños de España e Galicia, que terá lugar entre o 23 e 24 de xaneiro, está dirixido a profesionais con coñecementos previos sobre a materia (profesionais de hostalería, restauración, viticultores, enólogos, catadores, distribuidores, expertos, docentes?). Os participantes farán un percorrido pola historia e xeografía vitivinícola de España e Galicia, catando 25 viños da zonas mediterránea, atlántica, continental e jerez e cava.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No curso sobre Variedades de Uva Autóctonas de España e Galicia, nunha única sesión o 24 de xaneiro, analizaranse 5 tipos de uvas (Albariño, Godello, Tempranillo, Garnacha e Mencía). A teoría estará ilustrada coa cata de viños seleccionados que representan a diversidade idiosincrásica de España.

A venda de entradas para este curso, dirixido ao público amateur e amantes do viño, están esgotadas desde hai varias semanas.

A formación, clave para favorecer a exportación dos viños galegos

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Este curso enmárcase dentro dunha nova liña de traballo do Ingavi orientada a formar aos profesionais do campo vitivinícola dos países que marcan a tendencia gastronómica e vinícola a nivel mundial, co obxectivo de potenciar o coñecemento e exportación dos viños galegos a novos mercados.

EE.UU. é unha das paradas dun programa no que tamén se inclúen destinos como Bogotá, México, Lima ou O Porto.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada