Viña

Os viños do Ribeiro brillan en Madrid

Loading ad.
Ad could not be loaded.
02/12/2019 12:41 p.m.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro participou na oitava edición do Salón de las Estrellas de Peñín, que se celebrou o pasado xoves, 28 de novembro, no Ático de Chamartín Espazo MEEU de Madrid. Un evento onde se reuniron os viños españois que destacan tanto pola súa alta calidade como polo seu prezo.

A Denominación de Orixe máis antiga de Galicia contou cun espazo destacado dentro do evento, onde 19 adegas presentaron os seus viños de maneira agrupada. Un total de 70 viños, entre os que salientan os brancos, os máis característicos da zona, xunto con tintos e tostados, viños naturalmente doces cunha produción moi exclusiva e únicos en España.

As adegas do Ribeiro presentes no evento foron: Adega Deseu, Adega Dona Elisa, Adegas Celme, Antonio Montero, Bodega Alanís, Bodega Val do Deva, Bodegas GRM, Bodegas Val de Souto, Carlos Villanueva, Cuñas Davia, Julia Mar Bande Pivida, Lagar do Meréns, Nairoa, Pazo Lalón, Pazo Tizón, Priorato de Razamonde, Terra do Castelo, Vilerma e Viña Costeira.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O evento, no seu xa oitava edición, abriu as súas portas interrumpidamente de 12.00 a 20.00 horas e estivo dirixido exclusivamente a profesionais do sector (distribuidores, restaurantes, tendas especializadas, catadores, grandes superficies, catadoras, hoteis), prensa e prescriptores.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada