Viña

Os viños de Rías Baixas promociónanse en México, un dos mercados con maior crecemento

Loading ad.
Ad could not be loaded.
07/03/2019 8:33 p.m.

Na súa aposta polos mercados exteriores, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas participa por primeira vez na cuarta edición Feira Antad & Alimentaria México 2019. Unha cita que ten no recinto feiral de Guadalajara, México, entre o 5 e 7 de marzo.

O pais azteca é un dos mercados máis relevantes para esta Denominación de Orixe, situado en sexta posición no ranking de destinos exteriores, e que conta cun plan de exportación propio.

Así, as vendas de viños de Rías Baixas a México en 2018 superaron os 251.000 litros, alcanzando un valor de 1.546.621 euros, un 201% máis que fai dez anos, pasando dos 83.442 litros de 2008 aos máis de 251.000 litros actuais do pasado ano.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Esta acción promocional, cofinanciada polo IGAPE, a Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (programa operativo 2014-2020), permitiu a habilitación dunha caseta propia dentro do pavillón do ICEX. Nel móstranse un total de 31 marcas pertencentes a 17 adegas.

Até Guadalajara desprazáronse Ramón Huidobro, secretario do Consello Regulador, e Rosa Martínez, do Departamento de Mercadotecnia. “Todas as feiras son unha oportunidade para a promoción dos viños de Rías Baixas, sobre todo nun mercado no que están consolidados e son coñecidos polo consumidor”, explica Martínez. Neste sentido, engade que “ademais, non podemos obviar que son uns viños que acompañan moi ben á comida mexicana”.

Entre os perfís aos que se dirixe esta feira están “profesionais como importadores distribuidores, supermercados tendas especializadas, pero tamén aos restaurantes, cadeas hostaleiras, provedores de cruceiros..etc. A verdade é que aúna un gran abanico de prescriptores”, engade. Os viños de Rías Baixas acapararon a atención destes profesionais coas súas diferentes elaboracións, maioritariamente de 2017, pero tamén algún 2018, e espertaron a curiosidade das profesionais elaboracións de 2010, 2015 e algún 2016, entre outras.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada