Viña

Os viños da D.O. Monterrei preséntanse a profesionais da Canle Horeca en Santander

A capital cántabra acolleu a última actividade promocional da Denominación de Orixe, na que participaron máis de 60 profesionais da canle Horeca e do sector da distribución

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 11/06/2021 9:39 a.m.

[caption id="attachment_145527" align="aligncenter" width="660"] Viños dalgunhas das 17 adegas participantes na acción promocional en Santander[/caption]

A cidade de Santander acolleu a última actividade promocional da Denominación de Orixe Monterrei, que deu a coñecer entre os máis de 60 profesionais da canle Horeca e do sector da distribución que asistiron ao evento viños das 17 adegas participantes. A pesar da situación de pandemia, a D.O. Monterrei celebrou este ano distintas accións de promoción, máis necesarias se cabe ca nunca debido ás restricións nun sector como o da hostalería.

É a segunda ocasión que a D.O. Monterrei forma parte de Vidivinos, tras participar no showroom de Alacante, e todo co obxectivo de dar a coñecer os viños que se elaboran na denominación, afianzar a imaxe de marca e impulsar a comercialización directa entre distribuidores e produtores. Ata o espazo da denominación achegáronse catadores e hostaleiros de establecementos como Cenador de Amós, El Nuevo Molino ou Restaurante Ronquillo; así como parte da directiva da Asociación de Empresarios de Hostalería de Cantabria, membros da Asociación de Sumilleres de Cantabria, entre os que se atopaba Alfonso Fraile, ou representantes de medios de comunicación como Lucía Reguilón de Influentes Cantabria.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Santander é unha cidade fixa no noso calendario de accións promocionais, ao ser un mercado no que os viños de Monterrei son ben acollidos (Lara Da Silva, presidenta do Consello Regulador da Denominación)

Os asistentes a esta iniciativa recibiron información sobre as características edafoclimáticas deste territorio vitivinícola, a súa tradición e historia, ademais de variedades de uva ou tipoloxías de viño. Así mesmo puideron coñecer as peculiaridades dos viños das 17 adegas que estiveron presentes nesta acción promocional: Ladairo, Pazos do Rey, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), José Antonio Da Silva Pereira (Viños Lara), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Terrae Monterrei, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada.

"Pechamos esta última acción con Vidivinos cun resultado satisfactorio, xa que se interesaron por Monterrei un número importante de profesionais da distribución e canle Horeca”, destaca a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva, “sen esquecer que Santander é unha cidade fixa no noso calendario de accións promocionais, ao ser un mercado no que a D.O. Monterrei é ben acollida”, indica.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada