Agroalimentación

Os queixos galegos conseguen catro galardóns nos World Cheese Awards 2015

03/12/2015 5:55 p.m.

O queixo de San Simón da Costa Prestes logrou o galardón de ouro na categoría de queixos con Denominación de Orixe no World Cheese Awards 2015 que se ven de celebrar en Inglaterrra. O pasado ano esta queixería vilalbesa tamén foi galardoada polo seu azul Prestes Sara&Lara.

Tamén de San Simón da Costa foi premiado cun galardón de prata o queixo de Daniberto SAT, 1221, XUGA, de Vilalba. A mesma sociedade recibiu un galardón de ouro por un queixo de Tetilla.

Por último, a queixeria Don Cristanto recibiu a distinción de bronce por un queixo San Simón da Costa.

Podes consultar aquí a lista completa dos premiados.

Etiquetado
Ir a la portada