Carne

Os produtores de vacún de carne suman apoios á manifestación de mañá en Lugo

A protesta, organizada por Gandeiros Galegos de Suprema, conta co respaldo da Asociación Agrogandeira do Macizo Central ourensán, da Asociación de Criadores de raza Limusina de Galicia, da Plataforma de Produtores en Ecolóxico e do colectivo Asturiasganadera, que se suman ó xa anunciado de Agromuralla

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 17/04/2023 2:21 p.m.

[caption id="attachment_167217" align="aligncenter" width="1224"] Protesta en Novafrigsa durante a folga de transporte a primavera pasada[/caption]

A manifestación convocada para este martes en Lugo pola asociación Gandeiros Galegos da Suprema, que sairá ás 11:30 horas do polígono industrial das Gándaras e percorrerá as principais rúas da cidade, segue a colleitar apoios de diversas entidades do sector.

Nas últimas horas diversos colectivos veñen de sumarse ás protestas, como a Asociación Agrogandeira do Macizo Central ourensán, a Asociación de Criadores de raza Limusina de Galicia, a Plataforma de Produtores e Produtoras de Ecolóxico de Galicia e o colectivo Asturiasganadera, que se engaden ao apoio mostrado tamén a semana pasada desde Agromuralla.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A Asociación Agrogandeira do Macizo Central ourensán (Agromacen), que reúne a gandeiros de carne de vacún, ovino e caprino en extensivo, acudirá á manifestación e mostra o seu apoio ás reivindicacións que motivan as protestas: “sufrimos as consecuencias dos elevados custos de produción, os recortes que se aveciñan na nova PAC, así como os baixos prezos en orixe da carne”.

Falta de democracia no Consello Agrario

Para Agromacen, “a Lei da Cadea Alimentaria non é máis que unha cortina de fume que choca frontalmente co libre mercado” e as “restricións medioambientais impostas en zonas de Rede Natura 2000 supoñen un lastre máis para as explotacións, impedindo o normal desenvolvemento da actividade agrogandeira”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Denuncian ademais o “nulo interese” da Consellería por actualizar a representación do sector en órganos consultivos como o Consello Agrario, que deriva das eleccións realizadas hai máis de 20 anos, en 2001, o que provoca unha situación “anómala” de “falta de democracia”, cuestionan.

Normativas sen lóxica

Desde a Asociación de Criadores de raza Limusina de Galicia (Aliga) consideran que “o sector está sendo afectado gravemente pola normativa sen lóxica aprobada por aqueles que gobernan” e poñen como exemplo “a protección do lobo, que deixa desprotexido ao gando”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto aos prezos pagados aos gandeiros, denuncian a “presión das grandes cadeas para manter os prezos por debaixo do prezo de custo e a competencia desleal de terceiros países”. Lembran ademais o incremento de custos sufrido polas explotacións nos cereais, os fertilizantes, os gastos enerxéticos, os carburantes e as cotas de autónomos.

Necesaria unidade de acción no agro

Desde a Plataforma de Produtores e Produtoras de Ecolóxico de Galicia (Proecogal) animan tamén aos produtores de ecolóxico que forman parte da entidade a acudir á manifestación.

“Moitos dos membros da plataforma son produtores de Suprema, vendo o seu día a día moito máis angustiado tanto social como económicamente, xa que vimos da desfeita provocada pola Consellería do Medio Rural no ano 2022 no tocante as axudas de ecolóxico”, din.

“Os produtores de ecolóxico estamos na mesma situación, e vemos necesario a unidade do agro ante o atropelo que vivimos a diario, que fai perigar a rendibilidade das nosas explotacións”, defenden.

Actualización 18-IV
- Centos de tractores toman Lugo en demanda de solucións para a gandería de vacún de carne.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada