Leite

Agosto remata con subas históricas dos prezos da manteiga e do leite spot na Unión Europea

Loading ad.
Ad could not be loaded.
31/08/2017 10:00 a.m.

Os prezos da manteiga e das cisternas de leite spot seguen subindo na Unión Europea, segundo os últimos datos do Observatorio do Sector Lácteo da Comisión Europea.

Así, as subastas desta semana de leite spot remataron cunha suba ata os 44,8 euros por cada cen litros en Italia e ata os 44,5 en Holanda. Na primeira semana de agosto as cotizacións foran de 43,3 e 43,5 euros por cada cen litros, respectivamente.

Segue subindo o prezo dos queixos e da manteiga

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto aos derivados lácteos, nas poxas desta semana volveron subir a manteiga e os queixos, e o leite en po enteiro mantense sen cambios. Só o leite en pó desnatado rexistrou unha leve baixada.

En concreto, a manteiga subiu na Unión Europa un 0,9% respecto á poxa da semana pasada e sitúase xa nos 618 euros por cada cen quilos, un récord histórico. Con respecto a agosto do pasado, ano a suba é de nada menos que do 81%, unha tendencia alcista que se prevé que se manteña nos próximos meses ante a escasa estocaxe deste produto e o aumento da demanda.

Prezos dos derivados lácteos na UE na última semana de agosto: 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No que se refire ao leite en po, o enteiro mantense sen cambios nos 312 euros os 100 quilos, acumulando unha suba interanual do 27%. Pola contra, o desnatado baixa un 0,7% respecto á pasada semana e queda nos 175 euros. É o único derivado lácteo cuxo prezo descende con respecto a agosto de 2016: un 4% menos.

Polo que respecta aos queixos, esta semana houbo pequenas subas en todas as categorías, agás no Cheddar, que se mantén nos 3,56 euros o quilo nos mercados maioristas, un 22% máis que hai un ano. O Emmental sube un 0,6% na última poxa de agosto, ata os 4,28 euros o quilo, un 14% máis que en agosto de 2016; o prezo do Gouda tamén sobe, pero menos, un 0,1%, situándose nos 3,38 euros o quilo, cunha suba interanual do 30%, e o Edam queda en 3,50 euros o quilo, un 0,2% máis que a poxa da semana pasada e un 28% máis que hai un ano.

Por último, o soro en po (whey powder) baixa un 2,4% na última poxa de agosto na Unión Europea, quedando nos 0,83 euros o quilo, o mesmo prezo que en agosto de 2016.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada