Leite

“Os prezos da alimentación animal probablemente se manteñan altos, non esperamos grandes baixadas”

O presidente da Confederación Española de Fabricantes de Piensos Compuestos, Fernando Antúnez, apunta a necesidade de seguir a evolución das compras de China e das colleitas do 2021, así como o comportamento dos fondos de investimento

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 05/07/2021 12:23 p.m.

A evolución do prezo dos pensos no segundo semestre do ano é unha incógnita para todo o sector, logo das subas experimentadas nos últimos meses. As perspectivas actuais apuntan a un moderado optimismo, pois China está a relaxar as súas importacións e as previsións de colleita no hemisferio norte son boas, segundo explica Fernando Antúnez, presidente da Confederación Española de Fabricantes de Piensos Compuestos (CESFAC).

“A previsión é que teñamos colleitas boas de millo e trigo este ano, de xeito que o consumo se sitúe lixeiramente por baixo da produción. Iso debería reducir as tensións do mercado, aínda que quizais se manteñan algo”, valora.

O escenario de Estados Unidos é un dos grandes focos de atención do sector. “O mercado fíxase no que sucede en Chicago. En Estados Unidos necesitamos dúas grandes colleitas para que se recuperen os stocks de soia e de millo. USA duplicou as súas exportacións pola gran demanda china e ten na actualidade os stocks baixo mínimos. Se a evolución do cultivo e da climatoloxía son boas será unha noticia positiva, pero precisaremos dunha segunda campaña boa para que Estados Unidos recupere stocks e iso lle dea tranquilidade ó mercado”, valora Fernando Antúnez.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

"Necesitamos dúas colleitas boas en Estados Unidos para que recuperen stocks e que iso lle dea tranquilidade ós mercados" (Fernando Antúnez, CESFAC)

Outros factores a ter en conta son a evolución das importacións chinas, que semellan relaxarse, e o comportamento dos fondos de investimento. “Non sabemos o que van facer os fondos. Se liquidasen, baixaría o mercado, pero se seguen indo longos, iso non sucederá” -sopesa-. “En definitiva, en principio non esperamos grandes baixadas nas materias primas e se algo sae mal, como colleitas menores ás esperadas ou aumento das importacións chinas, manterémonos en prezos altos, mesmo con posibles repuntes”, conclúe Fernando Antúnez.

Dependencia dos mercados exteriores
Nas últimas semanas, percíbese un cambio na tendencia de ascenso nos prezos dos pensos, segundo os datos que manexa o Ministerio de Agricultura, pero a dependencia dos mercados mundiais xera incógnitas. “É un dos riscos de depender doutros mercados. En Europa temos que avanzar na produción de proteína vexetal propia, algo que se continuará apoiando na PAC a través de axudas asociadas”, valora a directora general de Producciones y Mercados Agrarios, Esperanza Orellana.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Orellana, que participou estes días na presentación do informe anual de CESFAC, avoga tamén por aproveitar os subprodutos que ofrezan “garantías de seguridade alimentaria” e advirte de que se aveciña un maior control sobre a soia americana. “En Europa regularanse mecanismos para evitar a importación de deforestación. O concepto de sostibilidade do Pacto Verde incorporarase á importación de alimentación animal. Non podemos fomentar a deforestación”, valora.

Sobre ese aspecto, o presidente de CESFAC amosou o seu acordo e apuntou a necesidade de avanzar no concepto de “soia sostible”. “Temos un traballo extenso nese tema e avanzamos moito para garantir que coa soia non importamos deforestación”, concluíu. A asociación presentará precisamente o día 7 de xullo o estudo “Soja sostenible para un consumo responsable de piensos compuestos”.

Sobre outras posibles fontes de proteína, como os insectos, Antúnez sinala que as empresas asociadas de CESFAC están comezando a dar pasos para incorporar os insectos como unha alternativa máis, “pero non é unha realidade na actualidade”, conclúe.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[box style="0"]

Lixeira baixada da produción anual de pensos en España

A produción de pensos en España baixou un 4,3% no 2020, unha situación que CESFAC liga coa Covid. “Houbo unha baixada grande no turismo, que sumada ó peche da hostelaría,levoou a reducir a produción gandeira”, explicou. A perspectiva para o 2021 é que se manteña unha liña similar á do 2020, con arredor de 25,1 millóns de toneladas producidas.

Nesa liña de estabilidade, prevese un lixeiro aumento de consumo no porcino, de arredor de 200.000 toneladas, e unha baixada similar en avicultura, mentres que o vacún permanecerá estable, segundo os cálculos de CESFAC.

Na actualidade, o 43% dos pensos producidos en España corresponden ó sector porcino, un 36,8% ó vacún, ovino e cabrino, e arredor dun 14% á avicultura. Algo máis do 4% adícase a cans e gatos e parte restante repártese entre acuicultura e outros sectores gandeiros.

[/box]

[box style="0"]

Máis información

[/box]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada