Carne

Os polos e ovos campeiros de Coren cumpren 20 anos

Coren conmemora este 20 aniversario cunha campaña para agradecer a granxeiros, carniceiros, cociñeiros e consumidores a súa confianza nestas producións

Loading ad.
Ad could not be loaded.
01/06/2015 11:09 a.m.

En 1995, o Grupo Coren era pioneiro na posta en marcha da produción de Polo de Curral, buscando un produto de valor engadido co sabor tradicional. Para iso, recuperou a crianza tradicional en condicións de máximo benestar, na que os animais gozan de saída ao aire libre e unha alimentación completamente vexetal, co fin de poñer no mercado un produto co sabor e a textura de sempre.

A cooperativa decidía tamén apostar pola produción de ovos campeiros, procedentes de galiñas criadas en condicións de máximo benestar.

Vinte anos despois, o Grupo Coren está posicionado como líder en producións camperas en España, con máis de sete millóns de quilos de Polo de Curral e 70 millóns de ovos campeiros anuais, sempre mantendo o carácter tradicional na súa crianza e alimentación.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Así mesmo, a aposta de Coren polas producións campeiras contribúe á creación de emprego e dinamización do medio rural, xa que actualmente conta en toda Galicia con máis de 150 granxas especializadas nestas producións, mentres os postos de traballo vinculados a esta actividade ascenden a 450, entre campo e industria.

Características do Polo Campeiro de COREN

O Polo de Curral de Coren é de raza campeira e críase de modo tradicional, con saída ao aire libre, nun ámbito completamente natural. Ademais, recibe unha alimentación 100% vexetal, a base de cereais, principalmente millo. A vida do Polo de Curral prolóngase durante 80 días, o que lle permite un crecemento lento, sempre mantendo as condicións de máximo benestar. Deste modo, obtense un produto da gran calidade, cunha textura e sabor tradicionais.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Coren conta con máis de 250.000 galiñas de posta de ovos campeirosen granxas de toda Galicia, onde dispoñen de saída ao campo e reciben unha alimentación tamén tradicional a base de millo. Deste modo, os ovos camperospresentan unha cor e sabor máis intensos.

A aposta pola produción de ovos campeiros levou a Coren a optar en 2012 por abandonar a produción en gaiola, e todos os ovos que produce actualmente proceden de galiñas campeiras.

Campaña de promoción

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para conmemorar este 20 aniversario, o Grupo Coren lanza unha campaña que ten como obxectivo de difundir os valores de crianza baseada no benestar animal e alimentación tradicional, así como o sabor de toda a vida.

Ao mesmo tempo, quere render homenaxe a granxeiros, cociñeiros, carniceiros ou consumidores, para agradecerlles que as producións campeiras de Coren cheguen a cumprir 20 anos de éxito no mercado. Por iso, os protagonistas da campaña serán pais e fillos -tanto granxeiros, cociñeiros, carniceiros e consumidores- que, a pesar da diferenza xeracional, teñen en común a súa preferencia polos produtos criados de modo tradicional.

Así mesmo, realizaranse diversas accións promocionais dirixidas a estes colectivos, incluíndo a realización de descontos en Polo de Curral e ovos campeiros, así como a difusión de receitas, entre outras.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada