Leite

Os mellores touros Holstein de España son galegos

Xenética Fontao lidera o ránking dos mellores touros nas probas de CONAFE do mes de xuño. Alpina Delano é o mellor touro probado e Quitoxe ET o mellor touro xenómico de España.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
30/06/2015 12:13 p.m.

A mellor xenética Holstein de España é galega. Así o confirman as avaliacións xenéticas correspondentes ao mes de xuño que ven de publicar a Confederación Nacional de Frisona Española (CONAFE), e nas que Xenética Fontao lidera o ránking tanto en touros probados como en xenómicos. Estas son as primeiras probas nas que CONAFE incorpora ao índice ICO caracteres de lonxevidade.

En concreto, no ránking dos 50 mellores touros de propiedade española Xenética Fontao copa os tres primeiros postos e o 60% dos 50 mellores touros. Así, Apina Delano, con 3.635 puntos, eríxese como o mellor touro español de raza Holstein. Séguenlle en segundo lugar Bos Seijo Bolton Torrel ET, con 3.436 puntos, e Thos Planet Lion, con 3.412 puntos. Tamén obtén un posto destacado, a quinta posición, Baixo Shottle Gerardo, con 3.289 puntos.

Quixote ET, o mellor touro xenómico de España

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[caption id="attachment_11570" align="alignleft" width="300"] Autor: Xenética Fontao[/caption]

En canto aos touros xenómicos, de novo Galicia lidera o ránking da xenética Holstein en España. Así, Anderstrup Balisto Quixote ET, logra a primeira posición cun ICO de 4.519 puntos. E en segundo lugar, sitúase outro touro de Xenética Fontao: Suprem ET, con 4.447 puntos.

Consulta aquí toda a información: 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- 50 mellores touros españois por ICO. 

- 50 mellores touros xenómicos españois. 

-200 mellores touros por ICO. 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Catálogo internacional de sementais: 1.000 mellores touros MACE, sen proba nacional. 

- Catálogo internacional de sementais: 200 mellores touros xenómicos. 

 

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada