Agroalimentación

Os mellores queixos e meles de Galicia en 2019

13/12/2019 6:11 p.m.

O conselleiro do Medio Rural, José González presidiu este venres acto de entrega de premios da XXII cata dos queixos e da XVIII cata dos meles de Galicia, que tivo lugar no Pazo A Toxeiriña, na localidade pontevedresa de Moraña.

Nesta edición das catas rexistráronse un total de 36 industrias queixeiras pertencentes ás catro denominacións de orixe galegas —DOP Queixo Tetilla, DOP Arzúa-Ulloa, DOP San Simón da Costa e DOP Cebreiro— e 20 industrias do mel acollidas á Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. Os técnicos da Agacal, en colaboración cos consellos reguladores, recolleron un total de 93 mostras participantes, avalando en todo momento o anonimato das marcas.

Velaquí a listaxe dos premiados:

Ir a la portada