Carne

“Os lobos non entenden de medidas de prevención”

Unha granxa de Cotobade intenta recuperar a unha das súas mastíns, gravemente ferida tras un ataque dos lobos o seu rebaño. A Asociación por la Conservación del Mastín Tradicional pide maiores apoios para as ganderías

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 02/04/2019 9:22 a.m.

Unha gandería de Viascón (Cotobade, Pontevedra) sufriu un ataque de lobos que deixou a unha das súas mastíns con feridas graves. A granxa, adicada maioritariamente ó gando vacún, perdeu no incidente cinco cabras, das que a gandería non atopou nin os restos. Tras este incidente, que se produciu a pasada semana, a Asociación por la Conservación del Mastín Español Tradicional demanda maiores apoios para as granxas e pon de manifesto as dificultades que teñen os produtores para previr os ataques do lobo.

Deixámosvos a continuación un artigo de opinión sobre o ataque escrito pola Asociación por la Conservación del Mastín Tradicional (Acmet)

[box style="0"]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Agora é cando hai que estar

Mercedes Alonso, gandeira en Viascón (Cotobade, Pontevedra), unha vida, unha forma de vida que nos beneficia a todos, unha explotación gandeira familiar. Mercedes coa súa actividade favorece a biodiversidade e loita e pelexa día a día por manter a súa gandaría, apostando pola coexistencia cos depredadores, facendo caso ás administracións e apostando polas medidas preventivas.

Mercedes interesouse por Acmet (Asociación por la Conservación del Mastín Español Tradicional), asociouse e adquiriu mastíns como ferramenta para o seu traballo, como uns animais máis do seu rabaño ao cal defenden coa súa vida, animais aos que coida, aos que mantén, é un gasto que no fondo repórtalle un servizo.

"Fálase do lobo e está ben, fálase de protexer a fauna e está ben, pero alguén pode escoitar a Mercedes?"

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Pero os lobos non entenden de medidas e probaron sorte co seu rabaño. O ataque deixou a unha cadela mastina malferida, que non podía ter a protección dunha carlanca -colar de pinchos-, pois a lexislación prohíbello. Facía xa un ano que non tiña ataques, aínda que os tivo anteriormente.
Ela colabora no mantemento da paisaxe agraria tradicional, evitando lumes, limpando o monte.

Fálase moito do lobo e está ben, protéxese a fauna e está ben, a flora, a paisaxe... pero alguén pode escoitar a Mercedes?. Agora é cando os que se enchen a boca coa coexistencia, os que animan ao gandeiro a obter cans protectores do rabaño, cans mastíns, deben estar aí e explicarlle a Mercedes porque non regulan dunha vez a tenencia destes cans dunha forma lóxica, considerándoos animais de traballo e non de compañía.

Agora é cando a administración debería custear a recuperación do que o lobo danou, tanto o que se refire ao rabaño como aos mastíns que forman parte del, porque todos somos administración e a todos aféctanos este ataque.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Somos todos os que queremos que Mercedes siga coa súa actividade e se isto ten un custo, entre todos debemos facer fronte ao mesmo.

Señoras da Consellería de Medio Ambiente, poñan en valor a gandaría, tanto polo que esencialmente significa como por ser un motor do rural, polo beneficio que a súa práctica ten para toda a sociedade. Poñan en valor ao Mastín de traballo, protéxano, considéreno como un ben de interese cultural, sempre o foi, déixenos traballar e apoien aos gandeiros que os usan como medida preventiva, só así terán sentido as súas políticas e non serán soamente intereses que non responden o beneficio do medio natural, senón a outros que nada teñen que ver con este.

Asociación por la Conservación del Mastín Español Tradicional

[/box]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada